29 nov 2016

Última función da Xira Galega de A Filla de Woody Allen


O vindeiro martes ás 19.00 h terá lugar a función número 70 do noso espectáculo fundacional. Máis de seis anos en cartel, e moitas prazas percorridas. A partir do 2017 esta filla nosa quere deixar relevo a outros espectáculos da compañía máis recentes, ainda que se poderá ver nalgunha ocasión noutros escenaríos fóra do noso territorio. En calquera caso, este blog pasará a ter un valor histórico pois toda a información da compañía seguiremos actualizándoa na nosa web:
www.ibuprofenoteatro.com

1 ago 2016

Premio Coiro de Pita

A Sala Ingrávida do Porriño vén de resolver o pasado venres o premio que o seu público concede ao espectáculo que máis lle puxo o "coiro de pita" dentro da programación de toda a temporada.
Para Ibupofeno Teatro foi unha enorme e agradable sorpresa que o noso espectáculo fundacional acadase tal recoñecemento logo de seis anos de xira. Estamos encantados e agradecidos


12 abr 2016

Xa temos A Filla de Woody Allen publicada neste marabilloso volume


Santiago Cortegoso
A filla de Woody Allen.
Pequenos actos pseudorrevolucionarios.
O furancho


Este volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase con Fitness (2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette (Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en 2016.

A liña mestra de Ibuprofeno Teatro é a procura dunha linguaxe propia e recoñecible para falar dos temas clave dunha sociedade globalizada e complexa, que condiciona os personaxes e os leva a situacións absurdas, cargadas dun humor acedo e sarcástico.

ISBN 978-84-15166-62-7
Páxinas: 172
Encadernación: Rústica
Formato: 130 x 210 mm
PVP: 14 €

Santiago Cortegoso é autor, director e actor de teatro. Algúns dos seus textos recentes, ademais dos creados en Ibuprofeno teatro, son: Smoke on the water (Premio MOME Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (Iberescena 2010, editado en Artezblai), 0’7% Molotov (Premio Rafael Dieste 2009, estreado por Teatro de Ningures, finalista a mellor texto orixinal nos Premios Max e nos María Casares 2012), Hámster (III Encuentros en Magalia 2008, editado no nº 60 da RGT, estreado pola Sala Triángulo de Madrid), Des-memoria-2 (Para Disquedanza, 2009) e Casa O’Rei. Traxicomedia gastronómica (Edicións Morgante, 2010).

Para máis información ou solicitar un exemplar, escribídenos a anxa@edicionsmorgante.com  ou telefonade ao 986 168 028.
Podedes consultar a nosa web http://www.edicionsmorgante.com


18 feb 2016

A Filla chega a Porriño

O vindeiro venres 19 e sábado 20 de febreiro de 2016 estaremos actuando na Sala Ingrávida de Porriño.
As funcións serán ás 21.30 e o prezo das entradas é de 5 €
Agardámosvos