Santiago
Cortegoso
A
filla
de Woody Allen.
Pequenos
actos pseudorrevolucionarios.
O
furancho
Este
volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por
Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da
compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase
con Fitness
(2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette
(Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en
2016.
A
liña mestra de Ibuprofeno Teatro é a procura dunha linguaxe propia
e recoñecible para falar dos temas clave dunha sociedade globalizada
e complexa, que condiciona os personaxes e os leva a situacións
absurdas, cargadas dun humor acedo e sarcástico.
ISBN
978-84-15166-62-7
Páxinas:
172
Encadernación:
Rústica
Formato:
130 x 210 mm
PVP:
14 €
Santiago
Cortegoso é autor, director
e actor de teatro. Algúns dos seus textos recentes, ademais dos
creados en Ibuprofeno teatro, son: Smoke
on the water
(Premio MOME Varela Buxán 2013), El
charco de Ulises
(Iberescena 2010, editado en Artezblai), 0’7%
Molotov
(Premio Rafael Dieste 2009, estreado por Teatro de Ningures,
finalista a mellor texto orixinal nos Premios Max e nos María
Casares 2012), Hámster
(III Encuentros en Magalia 2008, editado no nº 60 da RGT, estreado
pola Sala Triángulo de Madrid), Des-memoria-2
(Para Disquedanza, 2009) e Casa
O’Rei. Traxicomedia gastronómica
(Edicións Morgante, 2010).
Para
máis información ou solicitar un exemplar, escribídenos a
anxa@edicionsmorgante.com
ou telefonade ao 986
168 028.
Podedes
consultar a nosa web http://www.edicionsmorgante.com
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario